Esto facía que se clasificara para as semifinais onde tería que enfrontarse a Brady Ellison arqueiro cunha gran traxectoria e numerosos titulos a nivel internacional.
A semifinal foi moi desputada e tivo que decidirse nunha frecha de desempate na que Miguel Alvariño conseguía superar ó seu rival xa que a súa frecha cravouna no 10 e Brady acadou un 9.
Isto daba lugar a que disputase a final polo ouro contra o arqueiro Australiano Ryan Tyack ó cal non dou opción xa que gañou por un contundente 6-0 que colocaba a Miguel no máis alto do podio deste campeonato.
Bo inicio de tempada internacional para o noso compañeiro Miguel Alvariño que acudirá a 2ª proba da World Cup que celebra en Korea do Sur na cidade de Gwangju entre os días 16 ó 22 de Maio de 2022.
Este ouro individual fai que este claficado directo para a final da Copa do Mundo que se celebrará en México, onde no 2015 Miguel se proclamou Campeón desta proba.