O arqueiro Adrián Orjales do clube «A Frouxeira» de Valdoviño, acada a medalla de prata no seu debut en competicións internacionais.
Adrián conseguía formar parte do equipo nacional, despois dun duro clasificatorio en Madrid.
Ademáis o arqueiro de Valdoviño na súa primeira saída internacional tiña que recibir a súa clasificación internacional da categoría na que compite diante dun comite calificador.
Tras certificar a categoria VI 2/3, procedería a tirar a ronda de clasificación na cal acadou unha puntuación de 511 puntos que se convirte no actual record de España.
Con esta puntuación colocabase 3º na ronda clasificatoria, na eliminatoria de 1/4 enfrontabase á Belga Kathleen Meurrens a que gañaba por 6 a 4.
Nas semifinais enfrontouse ó británico Phillip Tranter o que superaba por un marcador final de 6 a 0.
A vitoria na semifinal levaba a Adrián a final pola medalla de ouro contra o Italiano Daniele Piran o que non puido superar e caería por un marcador final de 6 a 2 a favor do arqueiro italiano.
Noraboa Adrián pola túa actuación no Europeo e por esa prata que seguro que será a primeira de moitas máis.