Novas

Convocatoria de Reunión de Xuíces

A federación convoca a tódolos xuíces da Federación Galega a unha reunión que terá lugar o día 3 de outubro as 17 horas no salón de actos das instalacións deportivas de Elviña. Pode consultar a convocatoria na circular 30.

Trofeo San Froilán 2015

O clube Arco Muralla organiza un ano máis o Trofeo San Froilán, que terá lugar no polideportivo A Piringalla de Lugo o día 27 de setembro. Para máis información pode consultar a convocatoria.

X Torneo ArcoBarco Sala

O clube ArcoBarco celebrará a X edición do seu trofeo de sala os días 24 e 25 de outubro, coa presencia de arqueiros internacionais. Para máis información pode consultar a convocatoria, ou inscribirse usando os formularios en pdf e doc.

Modificación da Data de Reunión da Comisión de Bosque

A reunión da comisión de bosque anunciada na circular 26 para o día 5 de septembro terá lugar o día 20 de septembro, coincidindo coa celebración da 6ª xornada da liga 3D. Pode consultar máis información na nota informativa 14/2015

Ir arriba
X