Federación Gallega de Tiro con Arco

NovedadesLa FGTA

Saúdo do Presidente

Estrutura

Estatutos

CalendarioClubesNormativasCircularesComitésEnlacesContacto

   

presi

 

Queridos amigos/as : 

          Esta é a nosa casa deportiva e pretendemos que tamén sexa a de toda persoa que se asome a esta porta.

         Nela estamos un milleiro de entusiastas deportistas de todas as idades, condición, profesión, actividade e localización xeográfica, gozando co moito conseguido e ilusionados por medrar persoal, social e deportivamente nesta difícil arte do tiro con arco.

          Aquí atoparedes de forma gráfica a actividade que desenvolvemos, competitiva nacional e internacional e técnica, así como a divulgativa e promocional.  Así mesmo expomos permanente información mediante circulares e publicidade diversa, ambas as necesarias para o noso goberno en todos os niveis.  Nela, e de forma predominante, está incluído o Calendario de Competicións anual que marca os máximos eventos deportivos da Federación como un dos alicerces e referentes a desenvolver.  

          Sucesivamente iremos incorporando todo aquilo que posúa interese común relativo ás distintas áreas que compón este deporte.  Neste sentido estamos abertos a toda suxestión ou consello que poidan mellorar estes propósitos. 

          Dámosvos a benvida e mostrámonos compracidos pola vosa visita, así como da presente ou futura integración federativa para quen aínda non a posúa, o que estimamos e queremos ofrecer incondicionalmente.  Ao mesmo tempo prestámonos a informar e aclarar calquera dúbida ou asunto relacionado co Arco, a súa regulamentación e estrutura. 

          En nome de todos e do meu propio transmitímosvos un afectuoso saúdo


 

                                                                                      Jorge Mato Posse

                                                                                      Presidente 

 

 

Secretaría: Avda. Castelao s/n Casa do Deporte – 15407-Ferrol – Tel./Fax 981314165
Presidencia: Rua Nubeiro 2, Enrtlo,C -27002-Lugo – Tel.982807505 – Fax.982223320
FGTA - 2007 - administrador@fgta.es