Este sábado celebrouse nas instalacións do Clube Lucus Augusti en A Laxe (Lugo) o Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia Aire Libre Tradicional e Espido, nun ambiente espectacular.
Gracias a tódolos participantes, organizadores, xuíces e asistentes pola súa disposición durante a xornada, axudando en todo o posible dende o principio ata o final da competición, coa colocación de material, dianas, parapetos… unha axuda inestimable. E gracias especialmente ó Clube organizador, por empuxar con tanta forza para que este trofeo se puidera levar a bo termo.
No apartado deportivo, noraboa ós gañadores, que foron:
Arco Recurvo Instintivo Senior Home: 1º Lee Ramsdale (Lumelar), 2º Alberto Villarroel (Serra de Gondomar) e 3º Martín Mata (Arc Teixo)
Arco Recurvo Instintivo Senior Muller: 1ª Patricia Pérez (Archer's Team), 2ª Maica Fernández (Boa Vila) e 3ª Beatriz Olano (Arc Teixo)
Arco Longbow Senior Home: 1º Silverio Bouzas (Boa Vila), 2º José Manuel Pereira (Boa Vila) e 3º Christoph Schnietzler (Arqueiros de Cambre)
Arco Espido Senior Home: 1º Miguel Suárez (Lumelar), 2º Santiago González (Iadovi) e 3º Iñaki Fariña (Arco Xeve)
Pódense ver os resultados completos neste enlace