Convocase, o 4 de maio de 2019 en Pontevedra, aos arqueiros júniors, cadetes, infantís e alevíns de segundo ano de arco recurvo que teñan dita categoría durante o ano 2019, así como aos monitores que adestran a ditos arqueiros.
Tamén se convoca a todos os monitores que queiran participar na tecnificación teñan ou non teñan rapaces na tecnificación, pero queiran ampliar coñecementos prácticos.
A única condición esixida para poder acudir a esta sesión é que os arqueiros e os monitores teñan a licenza federativa con, polo menos, un ano de antigüidade.
Mais información na circular nº 12.