SUSPENSIÓN DA 1ª TIRADA DA LIGA GALEGA DE BOSQUE 3D

Comunicamos a suspensión da 1ª tirada da liga galega de bosque 3D que se ía a celebrar o domingo 10 de marzo de 2019.

A organización entregou a documentación habitual o 21 de febreiro en Intervención de armas e hoxe venres ao mediodía avisaron á organización que lles faltaba algunha documentación.

Dado que non hai tempo material para presentar a documentación que solicitan vémonos obrigados a suspender a 1ª tirada da liga galega de bosque 3D.

Esta tirada volverá convocar en canto falemos con Intervención de Armas e dean o visto e prace.

Con respecto á inscrición, gardarase a inscrición para cando se volva a realizar esta tirada excepto aqueles porteiros que queiran que se lles devolva o diñeiro porque non poidan asistir á nova convocatoria.

Desde a Federación apoiamos totalmente ao club organizador e xa estamos a traballar para poder dar unha data posible para realizar esta tirada proximamente.

Ir arriba