Resultados do XIII Trofeo Cidade de Narón

O sábado día 7 de novembro disputouse a XIII edición do trofeo Cidade de Narón de sala, con victorias de Miguel Alvariño e Noelia Pardo en recurvo, e Verónica Presa e Xaquín Mira en composto.

Nas categorías dos máis novos houbo victorias de Andrés Carballeira e Laura Veira en recurvo infantil, Gabriel Motto en composto infantil, Zaira Córdoba e Angel Galante en recurvo alevín, Javier Cortegoso e Carmen María Poza en recurvo benxamín, e Adrián Rego en recurvo esquío. 

Están dispoñibles os resultados completos do round e as eliminatorias.

Ir arriba
X