Resultados do Trofeo Federación – Xunta de Galicia de Sala

O pasado fin de semana disputouse o Trofeo Federación – Xunta de Galicia de Sala. O sábado pola tarde disputaronse as categorías de menores, con victoria de Adrian Rego en esquío home, Beatriz Botelho en alevín muller, Marcos Esperante en alevín home, Javier Cortegoso en benxamín home, María Lema en benxamín muller, Eva Raquel Álvarez en infantil muller, David Vallejo en infantil home, Gabriel Galante en cadete home e Marta Guerrero en cadete muller.

O domingo competiron os maiores. Xaquín Mira e Leticia García venceron en arco composto, e Noelia Pena e Miguel Alvariño en recurvo.En veteráns impuxeronse na categoría de recurvo Jose Luis Rodríguez e Magdalena Beltrán, e Alfonso Fernández en composto. En desnudo gañaron María Ángeles Suarez e Genaro Otero; Daniel Manuel Blanco e Teresa Veira fixerono en arco instintivo e Melania Sanjorge e Oscar Casal en arco recto.

Para máis información pode consultar os resultados completos de menores, recurvo e composto, e tradicional e instintivo.

Ir arriba