Este pasado domingo celebrouse en Lalín o Campionato Galego de Aire Libre en Arco Tradicional e Espido, organizado polo Clube Arkeiros do Deza e a Federación Galega de Tiro con Arco, estrenando as distancias establecidas pola RFETA para esta tempada, cunha notable participación de arqueiros. A pesar do frío de primeiras horas, e un chisco de vento lateral, as puntuacións acadadas foron moi boas, e bastante igualadas en case tódalas categorías.
Os campións foron os seguintes:
Longbow senior home:
- Campión Óscar Casal (Meigarco)
- Subcampión Silverio Bouzas (Boa Vila)
- 3º José Antonio Fernández (Lumelar)
Recurvo senior muller:
- Campiona Patricia Pérez (Archers Team)
- Subcampiona Mª del Carmen Fernández (Boa Vila)
- 3ª Rosa Dapía (Boa Vila)
Recurvo senior home:
- Campión Lee Ramsdale (Lumelar)
- Subcampión Miguel Ángel Rodríguez (Archers Team)
- 3º Juan Bandeira (Arco Vigo)
Espido senior Muller:
- Campiona Mª Carmen Nóvoa (Arkeiros do Deza)
- Subcampiona Inmaculada Souto (Arqueiros do Barbanza)
- 3ª Carmen Figueroa (Meigarco)
Espido senior home:
- Campión José Angel Lijó (Arqueiros do Barbanza)
- Subcampión Miguel Suárez (Lumelar)
- 3º Manuel Costal (Serra de Gondomar)