Prata para Melania Sanjorge no Campionato de España 3D

Esta fin de semana celebrouse o Campionato de España de 3D en El Molar 
(Madrid).

Ata alí foron 15 deportistas galegos. 5 arqueiros instintivos, 6 
arqueiros longbow, e 4 arqueiros espidos.

O campionato contou cun novedoso sistema de eliminatorias que non 
facilitaron o paso as finais correspondentes.

Únicamente Melania Sanjorge, do Club Meigarco, conseguiu un enorme 
subcampionato na división de Longbow. Parabéns por esa medalla de prata.

Tamén destacar os récords galegos oficiosos de arco espido de Luis Miguel Suárez, do 
club Lumelar, con 391 puntos, e de Lee Ramsdale, tamén do Club Lumelar, en arco instintivo con 424 puntos.

Y por último, muchas gracias a María Parra, de Arqueros de Leganés, por prestarnos su Arco Compuesto para poder finalmente participar por equipos.

Ir arriba