Nota Informativa sobre o Formato de Competición para Arco Tradicional e Espido

  1. Despois de realizadas diversas consultas entre clubs e deportistas en relación aos cambios introducidos pola Real Federación Española de Tiro con Arco na convocatoria do Campionato de España de Arco Tradicional e Arco Espido sobre o formato da competición, comunícase o seguinte: O formato do Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia e o do Campionato Galego de Arco Tradicional e Arco Espido mantéñense segundo foron convocados –normativa FGTA e normativa RFETA-; polo que se tirarán dúas series de 36 flechas a 30m e a 18m sobre diana de campo de 60 cm. e 40 cm, respectivamente.
  2. Por outra banda, as categorías convocadas de cadete e menores de 14 anos disputarán o campionato segundo o seguinte formato: 
  • Cadetes: tirarán dúas series a 30 m e 18 m sobre diana de campo de 80 cm e 60 cm, respectivamente.
  • Menores de 14 anos: tirarán dúas series a 18 m e 12 m sobre diana de campo de 80 cm e 60 cm, respectivamente.
Ir arriba