Este fin de semana, unha chea de arqueiros galegos puñan rumbo á localidade madrileña de Villaviciosa de Odón, para participar no Campionato de España de Sala, para Arco Tradicional e Espido.
O sábado pola mañán era o turno para os nosos arqueiros de arco long-bow e espido. En espido, Santiago Soneira lograba pasar o corte, aínda que caía na primeira eliminatoria; pola súa parte, Sergio Alonso Peitieiros, quedábase a escasos puntos do corte.
En Long-bow, Ricardo José García Vázquez, Jose Ángel e Eugenio Casal Rodas quedaban fora das eliminatorias, mentres que Óscar Casal, Silverio Bouzas , Christoph Schnitzler e Francisco Manuel García Vázquez, pasaban ás eliminatorias; pena que o azar quixese que Silver e Óscar se tiveran que enfrentar nas eliminatorias do domingo. E Christoph e Francisco caían en dezaseisavos. Na categoría femenina, Melania Sanjorge alzábase coa segunda posición da tabla, obtendo o seu pase ás eliminatorias.
Xa pola tarde, tocáballe o turno ós nosos representantes de recurvo instintivo; Alfredo Amoedo, quedaba fora das eliminatorias, mentres que Alberto Villarroel conseguían acadar un posto nas mismas, na octava posición.
E xa o domingo, chegaron as últimas eliminatorias. Alberto Villarroel conseguiu chegar a cuartos, que tras unha emocionante eliminatoria, quedou fóra do campionato, quedando nuha fabulosa 5ª posición.
|
|
Melania Sanjorge superou cada un dos seus cruces, ata enfrentarse na final con Encarna Garrido. Finalmente, Encarna conseguiu a primeira posición e Melania acadou a primeira medalla para a delegación galega; subcampiona de España. A eliminatoria entre Silverio e Óscar culminou con Óscar vencedor. Paso a paso, Óscar chegou á final, onde se enfrentou a Jose Luis Lavado Romero. Tras medirse co seu compañero, alzouse co subcampionato de España, na categoría masculina de Long-bow, segunda medalla para os nosos representantes.
A nosa máis sinceira felicitación a todos os compañeros participantes, que deixastes, unha vez máis, ben alto o pavillón galego.