Este fin de semana comenzou en San Sebastián de los Reyes a Liga Nacional RFETA de Cadetes e Menores de 14 anos, no que competiron varios dos nosos cativos, con excelentes resultados.
Pablo Filgueira de Arco Ferrol acadou unha fantástica medalla de bronce en Arco Recurvo Menores Home, cunha clasificatoria de 660 puntos, e tan só foi superado polo campión Toni Roig (Baleares).
O resto de participantes galegos foron:
- Rubén Rodríguez (Serra de Gondomar), 4º en Composto Cadete Home
- Nuno Baamonde (Arco Ferrol), 17º en Recurvo Cadete Home
- Javier Cortegoso (Arco Ferrol), 17ª en Recurvo Cadete Muller
- Antía Docampo (Boa Vila), 17ª en Recurvo Menor Muller
- Laura García (Boa Vila), 17ª en Recurvo Cadete Muller
Noraboa a todos, campións!!!