A partir da data de publicación desta circular, queda convocada a liga Galega Unificada de Sala para a Tempada 2019/20, que se axustará ás seguintes normas:
– Nesta Liga poderán participar todos os arqueiros con licenza federativa nacional en vigor tramitada pola Fgta, así como os arqueiros doutras Comunidades Autónomas sempre que exista dispoñibilidade na liña de tiro, pero estes últimos non puntuarán para a clasificación da liga.
– As divisións nas que se poderá participar serán: Composto, Recurvo, Espido, Instintivo e Long Bow.
– Categorías para a liga Galega Unificada de Sala:
- Para Arco Composto e Recurvo: Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Júnior, Sénior e Veteranos. Homes e Mulleres conxuntamente.
- Para Arco Espido, Instintivo e Long Bow: Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Júnior, Sénior e Veteranos. Homes e Mulleres conxuntamente.
– Esta Liga estará formada polos tres (3) torneos marcados no calendario oficial da Fgta (12 de outubro, 2 de novembro e 30 de novembro) o campionato galego que se celebrará os días 18 e 19 de xaneiro de 2020) e os torneos organizados polo Club Arco Narón (23 de novembro) e o Club Sílex (14 de decembro).
– Os 4 primeiros torneos forman parte do convenio que asinou a Fgta co club Arc- teixo para organizar a tempada de sala.
– Para as divisións e categorías fixadas da Liga Galega Unificada empregarase a nomenclatura que se indica no RAUS ademais das categorías de menores de 14 anos, aínda que en cada torneo aparecerán as categorías que os organizadores crean convenientes e que aparecerán reflectidas en cada circular.
– Despois de cada torneo publicaranse as clasificacións provisionais da Liga.
– A Fgta designa cinco (5) competicións puntuables valedoiras para a elaboración da Clasificación Autonómica Unificada de Sala ( RAUS):
- 12 e 13 de outubro de 2019, en Arteixo.
- 2 e 3 de novembro de 2019, en Arteixo.
- 23 de novembro de 2019, en Narón.
- 14 de decembro de 2019, en As Pontes de García Rodríguez.
- 18 e 19 de xaneiro de 2020, Campionato galego en Arteixo.
– Os trofeos, medallas ou diplomas da liga Galega Unificada entregaranse ao finalizar a tempada deportiva.
– As puntuacións para a Liga Galega Unificada serán as obtidas nas dúas series de clasificación dos 6 torneos e clasificaranse pola súa data de nacemento, excepto os veteranos que poderán decidir, avisándoo, se puntúan ou non na categoría Sénior.
– No RAUS clasificaranse dependendo da clasificación no que se decida competir.
– Se ao finalizar a liga Galega Unificada non hai suficiente participación nas categorías Veterano, Júnior e Cadete dalgunha división, automaticamente pasarán á clasificación da categoría Sénior desa división.
– As categorías de cada torneo serán independentes das categorías desta Liga Galega Unificada de Sala. Cada torneo dará os seus premios en base ás súas categorías publicadas. A Liga Galega dará os seus premios en base ás categorías desta circular.
Final del formulario
SISTEMA DE COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA UNIFICADA INDIVIDUAL:
- Tomaranse as tres (3) mellores puntuacións de cada arqueiro/a de cada categoría e división dos torneos previstos.
- Para proclamar a un/a campión/a da Liga Galega Unificada individual debe haber polo menos tres (3) arqueiros/ as nesa categoría na clasificación definitiva ao finalizar a Liga.
SISTEMA DE COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA UNIFICADA DE CLUBS:
- Na Liga Galega Unificada de Clubs participarán os clubs con tres (3) arqueiros/ as por división e categoría. Tomaranse as puntuacións dos/ as tres (3) mellores arqueiros/ as do club por división e categoría (homes e mulleres) de cada torneo.
- Para proclamarse campión da Liga Galega Unificada de clubs haberá un mínimo de tres (3) clubs na clasificación final da división e categoría.
Para a elaboración do RAUS se utilizarán unicamente as seguintes categorías:
– Ranking Menor de 14 anos (deportistas nados en ano 2006 ou posteriores):
- Recurvo Menor Homes (RMH)
- Recurvo Menor Mulleres (RMM)
- Composto Menor Homes (CMH)
- Composto Menor Mulleres (CMM)
– Ranking Cadete (deportistas nados en ano 2003, 2004 e 2005) (Os deportistas desta categoría aparecerán ademais no Ranking absoluto):
- Recurvo Cadete Homes (RCH)
- Recurvo Cadete Mulleres (RCM)
- Composto Cadete Homes (CCH)
- Composto Cadete Mulleres (CCM)
- Instintivo Cadete Homes (ICH)
- Instintivo Cadete Mulleres (ICM)
- Long bow Cadete Homes (LCH)
- Long bow Cadete Mulleres (LCM)
- Espido Cadete Homes (DCH)
- Espido Cadete Mulleres (DCM)
– Ranking Júnior (deportistas nados en ano 2000, 2001 e 2002) (Os deportistas desta categoría aparecerán ademais no Ranking absoluto):
- Recurvo Júnior Homes (RJH)
- Recurvo Júnior Mulleres (RJM)
- Composto Júnior Homes (CJH)
- Composto Júnior Mulleres(CJM)
- Instintivo Júnior Homes (IJH)
- Instintivo Júnior Mulleres (IJM)
- Long bow Júnior Homes (LJH)
- Long bow Júnior Mulleres (LJM)
- Espido Júnior Homes (DJH)
- Espido Júnior Mulleres (DJM)
– Ranking Sénior (deportistas nados en ano 1999 e anteriores) (Os deportistas desta categoría aparecerán ademais no Ranking absoluto):
- Recurvo Sénior Homes(CSH)
- Recurvo Sénior Mulleres (CSM)
- Composto Sénior Homes(CSH)
- Composto Sénior Mulleres (CSM)
- Instintivo Sénior Homes (ISH)
- Instintivo Sénior Mulleres (ISM)
- Long bow Sénior Homes (LSH)
- Long bow Sénior Mulleres (LSM)
- Espido Sénior Homes (DSH)
- Espido Sénior Mulleres (DSM)
– Ranking Veterano (deportistas nados en ano 1970 e anteriores) (Os deportistas desta categoría aparecerán ademais no Ranking absoluto):
- Recurvo Veterano Homes (RVH)
- Recurvo Veterano Mulleres (RVM)
- Composto Veterano Homes (CVH)
- Composto Veterano Mulleres (CVM)
- Instintivo Veterano Homes (IVH)
- Instintivo Veterano Mulleres (IVM)
- Long bow Veterano Homes (LVH)
- Long bow Veterano Mulleres(LVM)
- Espido Veterano Homes (DVH)
- Espido Veterano Mulleres (DVM)
– Arco adaptado (Os deportistas de arco adaptado aparecerán ademais no Ranking absoluto e/ou no ranking de Veterano, Sénior, Júnior, Cadete ou Menor de 14 anos, segundo corresponda):
- Recurvo Open Home (ROH)
- Recurvo Open Muller (ROM)
- Composto Open Home (COH)
- Composto Open Muller (COM)
- W1 Home (W1H)
- W1 Muller (W1M)
- VI1Home (VI1H)
- VI1Muller (VI1M)
- VI2/VI3 Home (VI2/VI3H)
- VI2/VI3 Muller (VI2/VI3M)
Para determinar a categoría de idade de cada un dos deportistas, e dado que ata principios do ano 2020 poderanse realizar competicións puntuables para o RAUS, o deportista que con licenza nacional homologada queira aparecer no RAUS deberá́ disputar todas as competicións desta tempada na categoría de idade que lle corresponda no ano 2020, ou superior excepto para os menores de 14 anos, aínda que algunhas destas competicións dispútense o ano 2019.
Todas as divisións e categorías tirarán 60 frechas a 18 metros (excepto prebenxamins e benxamins que tirarán 60 frechas a 12 metros en recurvo e composto e os instintivos, long bow e espidos segundo detállase a continuación) e os tamaños de dianas a utilizar serán os seguintes:
Cadete, Júnior, Sénior, Veterano e Arco Adaptado (excepto VI1/VI2/3) Recurvo e Composto, triple vertical.
Infantil recurvo, dianas de 80 cm. Reducida (5), para Composto, dianas de 80 cm. Reducida (5) a X é o 10.
Prebenxamín, Benxamín e Alevín Recurvo e Composto, dianas de 122 cm.
Cadete, Júnior, Sénior e Veterano Instintivo, Long Bow e Espido, dianas de 40 cm. de campo (do 0 ao 6).
Prebenxamín e Benxamín Instintivo, Long Bow e Espido, dianas de 80 cm de campo e a 8 metros.
Alevín Instintivo, Long Bow e Espido, diana de 80 cm de campo e a 14 metros.
Infantil Instintivo, Long Bow e Espido, diana de 60 cm de campo e a 14 metros.
Arco Adaptado VI1/VI2/3, dianas de 80 cm completa.