Este pasado fin de semana disputouse en Salamanca o Campionato de España de 3D en Sala, ó que se desplazaron un total de 15 arqueiros da nosa comunidade, dos Clubes Meigarco, Boa Vila, Arco da Vella e Lumelar.
Conseguiron pasar a eliminatorias Óscar Casal (6°), José Ángel Casal (18°), Eugenio Casal (21°) e Melania Sanjorge (4°) en Longbow, e tamén Maika Fernández (10°), Lee Ramsdale (5°) e Alfredo Amoedo (6°) en Arco Instintivo.
Finalmente, despois dunhas moi loitadas eliminatorias Óscar Casal proclamouse Campión de España e Melania Sanjorge acadou unha estupenda medalla de bronce.
Noraboa a ámbolos dous e tamén ó resto de arqueiros que nos representaron no campionato.