Curso de xuíces, reciclaxe e actualización de xuíces na Coruña

Lembramos que segue aberta a inscrición do curso de Xuíces, Reciclaxe e actualización de xuíces que se celebrará na Coruña os días 18, 19 e 20 de outubro de 2019 se se consegue unha inscrición mínima de 15 persoas.

Este será o último curso de xuíces que poderá realizarse en Galicia. Despois faranse anualmente en Madrid.

Aqueles que queiran acudir deben inscribirse canto antes para saber se se vai a celebrar o curso ou non, dadas as poucas inscricións que hai ata o de agora.

MOI IMPORTANTE: Para inscribirse ao curso, hai que enviar primeiro a secretaria@fgta.es a solicitude de inscrición ao curso. Basta con un correo enviando nome e club e solicitando a inscrición.

Posteriormente, a Fgta avisará aos interesados para poder inscribirse eles directamente a través da ligazón da RFETA.

Ir arriba