Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

A federación convoca unha asamblea xeral extraordinaria para o próximo día 23 de abril ás 16 horas en primeira convocatoria, e as 16:30 en segunda, no salón de actos do colexio Sagrado Corazón de Xesús, en Pontevedra.

 

A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación da acta da Asemblea Extraordinaria anterior.
  2. Perda da condición de membro da Asemblea.
  3. Modificación dos estatutos

Recibiranse propostas alternativas ao texto proposto ata o día 18 de abril de 2016 ás 14.00 horas, para a súa posterior remisión aos membros da Asemblea.

A convocatoria oficial pode consultarse na circular 9.

Para o mesmo día convocase a asamblea xeral ordinaria ás 17 horas en primeria convocatoria, e ás 17:30 en segunda, coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da Asemblea anterior, se procede.
  2. Informe do Presidente.
  3. Presentación das contas anuais do ano 2015.
  4. Presentación do presuposto económico para o ano 2016.
  5. Calendario deportivo para o ano 2016.
  6. Solicitudes de organización de competicións oficiais.
  7. Modificación de normativas FGTA.
  8. Quenda de preguntas.

As propostas que formulen os membros da Asemblea deberán ser recibidas na Secretaría da FGTA antes do día 18 de abril ás 14.00 horas para a súa remisión ao resto dos asambleístas; e poderán remitirse través do correo electrónico secretaria@fgta.es

A convocatoria oficial pode consultarse na circular 10.

Ir arriba