Este pasado 9 de marzo pechouse a temporada de sala ca celebración do Campionato Galego de Equipos de Clube en Arteixo.
Perfectamente organizada polo clube Arc-Teixo, desenvolveuse nun gran ambiente con 16 equipos de arco recurvo pelexando pola victoria.
Finalmente proclamouse campión o anfitrión, Arc-Teixo, tras vencer na final ó Club Sílex, namentres que o Lumelar acadaba o terceiro posto despois de gañar no seu último encontro ó equipo de Dousxsetenta.
Noraboa a tódolos participantes.