Campionato de España de Aire Libre de Arco Tradicional e Espido Guijuelo 2019

Este final do seman, nada menos que 17dos nosos arqueiros de tradicional e espido, puxeron rumbo a Guijuelo para participar no Campionato de España de Aire Libre.

Comezamos o sábado coa modalidade Arco Instintivo, onde todos os nosos arqueiros conseguiron pasar o corte e entrar nas eliminatorias. Ao longo da mañá xa se disputáron as primeiras eliminatorias onde caeron Martín Mata e Jacinto Yebra.

Pola tarde, foi a quenda de arqueiros de longbow e espidos onde Santi Soneira quedaba ás portas das eliminatorias, a pesar de loitalo e arrastrar unha lesión dende hai xa varios meses. Con 14 arqueiros aínda en competición, as temidas eliminacións tiveron lugar xa o sábado caendo a tarde. O nivel de competición foi moi elevado e na segunda rolda caeu Beatriz Olano, en instintivo e Christoph Schnitzler, José A. Casal e Oscar Casal en longbow.

Xa o domingo, en oitavos, a cousa fíxose francamente difícil; pero os nosos arqueiros seguiron loitando. En instintivo masculino, Lee Ramsdale foi eliminado por Jairo V. Fernández, e Alberto Villarroel tamén caeu a mans de Guillermo Robles Sánchez. En longbow masculino Silverio Bouzas quedou fóra da competición tras enfrontarse a José Benavente; e José M. Pereira Bamio caeu fronte ao seu compañeiro de expedición Eugenio Casal. En arco espido masculino, Manuel Costal foi eliminado no seu enfrontamento con Luís Cano e Miguel Suárez tamén quedaba fóra, logo de medirse con Ricardo García Lavilla.

Nos cuartos de final, foi Eugenio Casal quen foi eliminado, a mans de José Luís Iriarte e a expedición galega chegou ás semifinais con tres arqueiros en competición.

En semifinais, Maika Fernández López e Melania Sanjorge lograron clasificarse para a final de arco instintivo e arco longbow respectivamente, mentres que José Lijó perdía na súa semifinnal contra Luis Cano, co que tivo que loitar pola medalla de bronce contra Ricardo García Lavilla.

Na loita pola medalla de bronce, José Lijó conseguiu levantar un 4-0 en contra e empatar, pero non foi dabondo, e perdeu contra Ricardo 6-4, terminando na cuarta posición.

Maika Fernández tirou a final coa súa característica temperanza contra Mírian Monfort e aínda que non puido gañar, conseguiu unha medalla de prata que sabe coma a mellor das vitorias, xa que foi a súa primeira participación nun campionato nacional de aire libre.

E Melania Sanjorge, como xa nos ten acostumados, fíxonos vivir unha gran final contra Encarna Garrido, na que gañou a segunda medalla de prata da expedición galega.

Queremos felicitar ás dúas medallistas que o fixeron de cine, pero tamén ao resto de arqueiros que foron a Salamanca; 17 arqueiros galegos son unha competición moi boa, e aínda que non houbo máis medallas para Galicia, sabemos que moitos dos nosos compañeiros puxeron as cousas moi difíciles para o resto dos arqueiros e fixeron que os presentes unhas elimiatorias moi emocionantes.

E grazas por defender o tiro con arco tradicional galego no panorama nacional.

Ir arriba