4º Torneo Federativo de Sala e Récord galego en Instintivo Sénior home

O 30 de novembro de 2019 celebrouse o 4º Torneo federativo de Sala no Pavillón municipal de Galán (Arteixo) incluído na Liga galega unificada de sala da tempada 2019/20.

O torneo organizouno o club Arc- Teixo.

Os resultados foron os seguintes:

Participaron 15 clubs no torneo celebrado o sábado pola mañá de arco Instintivo, Long Bow e espido con 50 atletas na liña de tiro.

Na división de Instintivo estableceuse un novo récord galego na clase Sénior masculina. José Alberto Villarroel Salgueiro, do club Serra do Gondomar, obtivo 275 puntos. Parabéns.

Participaron 19 clubs no torneo celebrado o sábado pola tarde de arco recurvo e composto con 58 atletas na liña de tiro.

Participaron 8 clubs no torneo celebrado o sábado pola mañá de arco recurvo de menores con 34 atletas na liña de tiro.

As clasificacións e os pódiums dos torneos pódense seguir nas seguintes ligazóns:

Arco Instintivo, Long Bow e Espido:

https://ianseo.net/TourData/2019/6431/IC.php

Arco Recurvo e Composto:

https://ianseo.net/TourData/2019/6433/IC.php

Arco Recurvo menores de 14 anos:

https://ianseo.net/TourData/2019/6432/IC.php

Ir arriba