O 2 de novembro de 2019 celebrouse o 2º Torneo federativo de Sala no Pavillón municipal de Galán (Arteixo) incluído na Liga galega unificada de sala da tempada 2019/20.
O torneo organizouno o club Arc- Teixo.
Os resultados foron os seguintes:
Participaron 14 clubs no torneo celebrado o sábado pola tarde de arco Instintivo, Long Bow e espido con 43 atletas na liña de tiro.
Coa nova diana de precisión na división de Espido estableceuse un novo récord galego en categoría masculina. Santiago González Villares, do club Iadovi, obtivo 511 puntos. Parabéns.
Participaron 19 clubs no torneo celebrado o sábado pola mañá de arco recurvo e composto con 59 atletas na liña de tiro.
Participaron 7 clubs no torneo celebrado o sábado pola tarde de arco recurvo de menores con 20 atletas na liña de tiro.
As clasificacións e os pódiums dos torneos pódense seguir nas seguintes ligazóns:
Arco Instintivo, Long Bow e Espido:
https://www.ianseo.net/TourData/2019/6331/IC.php
Arco Recurvo e Composto:
https://www.ianseo.net/TourData/2019/6323/IC.php
Arco Recurvo menores de 14 anos:
https://www.ianseo.net/TourData/2019/6330/IC.php